luns, 29 de xuño de 2015

REMATAMOS CURSO

Como todos os anos, rematamos o curso coa nosa saída de convivencia.
Disfrutamos dun soleado día de paseo, xogos e un bo xantar no paseo de Xuvia.



domingo, 7 de xuño de 2015

VALOR-ARTE

Estas dúas obras foron as nosas aportacións ao museo Valor-arte:
-o vídeo-conto: "O moucho Puky"


-a escultura: "Fabricando saberes"




mércores, 29 de abril de 2015

Observando flores

Hoxe estivemos observando con lupas flores silvestres que trouxemos do patio e descubrimos que:
-As flores amarelas teñen verde por dentro.
-O tubiño do talo das margaridas é moi fino e ten un líquido por dentro.
-Hai flores que pola parte de abaixo teñen uns peliños.
-Os pétalos das flores están suxeitos por uns tubiños pequenos.
-A flor malva ten branco por onde lle sae o pole.
-Ao abrir un dente de león pola parte verde que está debaixo dos pétalos, descubrimos como uns oviños e pensamos que a planta podía estar polinizada.
-O talo por dentro ten unhas liñas verde máis clariño.
-A margarida ten moito pole.
-Hai flores que teñen boliñas.

xoves, 2 de abril de 2015

Visita ao porto e lonxa de Celeiro




Despois de visitarnos no colexio os amigos de
             "O sabor da aventura!... está no mar"
que nos ensinaron de onde veñen a maioría dos produtos mariños que comemos, visitamos a lonxa de Celeiro.
Alí puidemos coñecer como é e como funciona unha lonxa en realidade: visitamos as intalacións, vimos unha proxección de diferentes artes de pesca que usan os mariñeiros, pesáronnos na báscula onde pesan as caixas de peixe que descargan dos barcos, entramos na sala de subastas e alí mesmo déronnos o xantar cun menú moi mariño: sopa de peixe e espaguetis con froitos do mar...BOÍSIMO!!!!



mércores, 1 de abril de 2015

É tempo de planta

Chega o bo tempo e é o momento de sementar, para poder recoller máis adiante os nosos froitos....



venres, 20 de febreiro de 2015

Visita a SGHN e a Cociña Económica

"Hoxe fomos ao museo de Historia Natural de Ferrol.
Sorprendeunos ver un esqueleto dunha balea común que medía 18 metros.Tamén vimos un calamar xigante que estaba metido en alcohol para conservalo e que foi atopado nunha praia de Lugo. Aínda que nos pareceu moi grande era unha cría.
Había unha tartaruga disecada que a atoparon ferida atrapada nunha rede na praia de Campelo.
Uns animais estaban disecados, outros conservados en alcohol, outros reproducidos en maquetas e doutros so estaba o esqueleto
Despois do museo fomos camiñando ata a Cociña Económica e vimos onde come a xente que necesita axuda. Falaronnos do importante que é compartir a comida, os cartos e o tempo para axudar aos demais.
Levaronnos ao almacén onde gardan a comida que da a xente que comparte e ao final invitáronnos a un chocolate con churros. 
Moitas GRAZAS, estaba riquííííísimo!!!!!!!"



xoves, 19 de febreiro de 2015

Descubrindo o IOGA

Hoxe, dentro da titoría de hábitos saudables, coñecimos unha actividade que nos serviu para relaxarnos.

Con este vídeo e coa axuda da profe Tere aprendimos e practicamos varias posturas.

 Agora podedes ver o ben que o fixemos e canto nos RELAXAMOS!!!!!!


domingo, 15 de febreiro de 2015

Entroido 2015

Así é como contan os nenos e nenas de 2ºB como é o entroido no colexio:

"Temos un Meco que os días de entroido mándanos unha carta dicíndonos de que temos que vir disfrazados cada día ao colexio, e nós remexemos na casa para facer o disfraz.
O Meco é como un espantallo con roupa e faise con palla.
Como o noso proxecto é VALOR-ARTE, tivemos que vir cada día dunha arte:
o luns dunha cousa relacionada coa pintura, o martes de algo de película, o mércores tiñamos que vir de baile, o xoves de personaxes de contos e o venres do que máis nos gustara da semana.
O último día é a gran festa, veñen os cabezudos que teñen unha cabeza moi grande e van detrás de nós para darnos cunha vara, comemos postres e bailamos zumba.
Non poidemos queimar o meco porque choveu moito."