venres, 20 de febreiro de 2015

Visita a SGHN e a Cociña Económica

"Hoxe fomos ao museo de Historia Natural de Ferrol.
Sorprendeunos ver un esqueleto dunha balea común que medía 18 metros.Tamén vimos un calamar xigante que estaba metido en alcohol para conservalo e que foi atopado nunha praia de Lugo. Aínda que nos pareceu moi grande era unha cría.
Había unha tartaruga disecada que a atoparon ferida atrapada nunha rede na praia de Campelo.
Uns animais estaban disecados, outros conservados en alcohol, outros reproducidos en maquetas e doutros so estaba o esqueleto
Despois do museo fomos camiñando ata a Cociña Económica e vimos onde come a xente que necesita axuda. Falaronnos do importante que é compartir a comida, os cartos e o tempo para axudar aos demais.
Levaronnos ao almacén onde gardan a comida que da a xente que comparte e ao final invitáronnos a un chocolate con churros. 
Moitas GRAZAS, estaba riquííííísimo!!!!!!!"



xoves, 19 de febreiro de 2015

Descubrindo o IOGA

Hoxe, dentro da titoría de hábitos saudables, coñecimos unha actividade que nos serviu para relaxarnos.

Con este vídeo e coa axuda da profe Tere aprendimos e practicamos varias posturas.

 Agora podedes ver o ben que o fixemos e canto nos RELAXAMOS!!!!!!


domingo, 15 de febreiro de 2015

Entroido 2015

Así é como contan os nenos e nenas de 2ºB como é o entroido no colexio:

"Temos un Meco que os días de entroido mándanos unha carta dicíndonos de que temos que vir disfrazados cada día ao colexio, e nós remexemos na casa para facer o disfraz.
O Meco é como un espantallo con roupa e faise con palla.
Como o noso proxecto é VALOR-ARTE, tivemos que vir cada día dunha arte:
o luns dunha cousa relacionada coa pintura, o martes de algo de película, o mércores tiñamos que vir de baile, o xoves de personaxes de contos e o venres do que máis nos gustara da semana.
O último día é a gran festa, veñen os cabezudos que teñen unha cabeza moi grande e van detrás de nós para darnos cunha vara, comemos postres e bailamos zumba.
Non poidemos queimar o meco porque choveu moito."