luns, 16 de decembro de 2013

"A CASA"

LIM que utilizamos para aprender as dependencias e os materiais de construción das casas.

xoves, 12 de decembro de 2013

CONCERTO DO VENTO

Hoxe fomos ao teatro Jofre a escoitar un concerto de instrumentos de vento. Había un montón de cousas interesantes: unha peonza que xiraba moito tempo facendo como o vento cando sopla, mangueiras que soaban soplando por elas, bocinas con globos hinchados, e instrumentos como: trompetas, saxofón, clarinete, acordeón e frautas.
Os que daban o concerto era un dúo moi gracioso pero tamén subiron algúns nenos e nenas a tocar con eles. Do noso cole elexiron a Alejandra que tocou un fol dos que se usan para encerder o lume, soaba como un tren.
Pasámolo moi ben.

xoves, 28 de novembro de 2013

Visita á exposición "Orinoco viaxe a un mundo perdido"

O venres 22 de novembro saímos do colexio para ir á Cidade da Cultura de Santiago.Os tellados dos edificios parecéronnos mois raros, eran como as ondas do mar.
Alí vimos unha exposición sobre como viven na selva do río Orinoco. Había hamacas que usan para durmir, flechas con veneno na punta e armas coas que cazan. As casas eran de palla pero diferentes para cada tribu, porque no río Orinoco viven distintas tribus.
Vimos máscaras que usan para disfrazarse nas súas festas e adornos que se poñen,como coroas de plumas.
Gustounos ir porque coñecimos outra forma de vida moi distinta á nosa.



(Artigo escrito por: Saray, Alejandra, Hugo, Nerea, Alberto, Iker e Álvaro)

mércores, 20 de novembro de 2013

AS AVES

O día que vimos no galiñeiro do colexio un pavo real xunto aos patos e ás galiñas, decidimos investigar sobre as aves e, co que aprendimos, elaboramos este dossier.
Para facer o traballo consultamos libros da biblioteca , outros que trouxemos da casa e buscamos información coa nosa familia en internet.


domingo, 17 de novembro de 2013

Visita de V Televisión

Dúas reporteiras de V Televisión visitaron o colexio para facer unha reportaxe, entraron na nosa clase e graváronnos cando estabamos traballando.

Sairemos na televisión???

luns, 14 de outubro de 2013

POÑEMOS NORMAS

Entre todos e todas decidimos que:
NA NOSA CLASE....
                                 Saudámonos

Sentámonos correctamente

Atendemos aos profesores e profesoras

Traballamos sen molestar aos compañeiros

Coidamos o material

Falamos baixiño e de un en un

Escoitamos a quen nos fala

Pedimos as cousas por favor e damos as grazas

Botamos cada residuo no seu lugar

domingo, 13 de outubro de 2013

Apadiñamento Lector

Primeiro día de curso

O primeiro día do curso tivemos a visita dun contacontos na biblioteca. Chámase Iago López e contounos a historia de "A princesa Sabela" e de "O souto escuro e perigoso"
                

Gustounos moito e pasámolo moi ben!

sábado, 12 de outubro de 2013

NOVO CURSO

Comezou un novo curso e con el chegaron novos nenos e nenas á clase azul.
Dámoslle a benvida a Alejandra, Mario, Lucía, Kevin, Jennifer, Iván, Álvaro, Nerea, Esmeralda, Hugo, Alberto, Brian, Samuel, Saray e Iker.


luns, 10 de xuño de 2013

CAMPIONATO DE BALONCESTO

O 31 de maio, xunto cos demais nenos e nenas de primaria, acudimos ao pavillón da Malata para animar aos xogadores dos equipos Real Madrid e Badalona, que xogaban o 5º e 6º posto do campionato nacional de baloncesto na categoría cadetes.
O partido foi bastante igualado, pero ao final gañou o Badalona.

Campeonato Nacional de Baloncesto na categoría cadete (31-maio-2013) on PhotoPeach

ROTEIRO MONUMENTAL POR FERROL

Hoxe na clase a profe preguntounos si sabiamos que eran os monumentos e nós dixemos:
-Son cousas importantes e antigas. (Gabriel e Daniel)

-Son estatuas ou esculturas, obxectos, cadros e edificios. (Filipe, Rubén, Denis, Noa e Israel)

-Sirven para recordar a xente importante. (Noa)

-Sirven para observar a súa beleza. (Denis)

Despois díxonos que iamos facer dous roteiros por Ferrol para coñecer os monumentos da nosa cidade:
ROTEIRO 1: Porto - Parque Raíña Sofía
ROTEIRO 2: Parque Raíña Sofía - Cantón de Molins
Tamén iremos a Aquaciencia e á aula de ecoloxía urbana que están no Parque Raíña Sofía.

Aquí podedes ver as fotos da saída.

Roteiro monumental por Ferrol on PhotoPeach Aprendendo en Aquaciencia e na aula de ecoloxía urbana. on PhotoPeach

domingo, 5 de maio de 2013

Plantación no horto

Hoxe como fai sol fomos ao horto para plantar unhas leitugas. Primeiro arrancamos as herbas malas que naceron no inverno, despois cavamos a terra para poñela brandiña e que as raíces das leitugas podan extenderse con facilidade.
Uns nenos e nenas fixeron os buratos cunha ferramenta especial e os outros plantaron as leitugas. Despois intercambiámonos os traballos. Por último regamos as plantas e agora.... esperar para que medren.

domingo, 21 de abril de 2013

Preparando o III Apadriñamento Lector

Por fin imos ser padriños e madriñas!!!
O vindeiro martes 23  celebraremos o Día do libro co III Apadriñamento Lector e como xa estamos en 2º, deixamos de ser afillados e afilladas para convertirnos en padriños e madriñas. De quen?, aínda non o sabemos, pero temos que preparar moi ben as lecturas para non decepcionalos...

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Limos o libro de "Marcopola a illa remeira" e o mércores 20 de marzo veu ao colexio Jacobo Fdez. Serrano que foi o que escribiu e ilustrou este cómic.
Noa, Filipe, Denis e Elena fixeron de presentadores
Se queredes ver todas a fotos da visita, visitade o blog da biblioteca.

mércores, 17 de abril de 2013

POESÍA E IMAXE

Participamos no certame "Poesía e imaxe" cos nosos debuxos ilustrando os poemas escritos en lingua neerlandesa  de Pietes Soskha e o de lingua inglesa de Lewis Carrol.

As ondas parecen bágoas grandes
e sisean luz cando alcanzan a praia,
convértense en xerfa florida e vanse.
                                         Pieter Soskha

Como mellora o pequeno crocodilo,
como mellora o pequeno crocodilo
a súa brillante cola.
E como botaba a auga do Nilo
en cada escama dourada.
Con que ledicia parece sorrir
e delicadamente as súas poutas asoman.
                                        Lewis Carrol




Resultou seleccionado o debuxo que fixo Rubén.
NORABOA RUBÉN!!!!


xoves, 11 de abril de 2013

EXPO RECICLAXE

A  aula  da natureza fixo outra edición da expo reciclaxe. Da nosa clase de segundo B presentáronse Israel ,Rosalía ,Noa e Denis. Israel fixo unha abella, Rosalía  dous avìóns, Noa unha caixa sorpresa e Denis unha máscara.
Por participar déronlles un agasallo que era un lapis do colexio.



(Esta entrada foi escrita por Filipe)

sábado, 23 de marzo de 2013

Preparando a celebración de "A semana máis que verde"

Participamos na celebración da semana máis que verde recitando o poema que inventamos para a ULMARIA:

        "Cando no corpo temos dolor
          a ulmaria é o noso doctor.
          No horto temos este arbusto
          que nolo cura con gusto"

Tamén fixemos unha dramatización da canción de Paco Nogueiras Nodar, "Cos pés na terra". Antes de actuar diante do todo o colexio fixemos este último ensaio na clase.

mércores, 6 de marzo de 2013

AS NOSAS CRÓNICAS

Dende que empezou o curso fumos escribindo unha crónica de cada festa que fixemos no colexio.
Aquí deixámosvos as que xa temos feitas.

MAGOSTO  DE SAN  XOÁN

O magosto é unha festa moi popular. No noso colexio celebrámola o venres 9 de novembro.
No magosto comimos castañas asadas e bebimos leite. Había un forno para asar as castañas e tamén había cesteiros.
As nais fixeron caras ás cabazas. 
Os profesores estaban vestidos como a xente que vivía nos pobos.
Nós fixemos xogos: carreiras e lanzamentos de sacos, e hockey con ourizos.
Foi moi divertido!


DÍA DA PAZ

Encántanos o día da paz, sobre todo cando bailamos e cantamos.
Estiramos unhas pancartas con xente que axudou a que haxa paz no mundo.
A paz é importante.
Antolín e María construiron un muro con caixas con palabras malas e tristes, como: dor, envexa, guerra, armas, odio... e uns nenos de 2ºA derrubárono para liberar a Mandela que o tiñamos pintado nun cadro e tapado cunha tea negra.
Axudámoslles aos profesores a recoller as caixas.
Os nenos e nenas de infantil leron cousas sobre Nelson Mandela porque é unha persoa que loitou pola paz coa súa arma: A PALABRA.
Cantamos a canción “Imaxina a paz” e o “Rap da metralleta” todos xuntos, e saiunos moi ben.
A festa da paz foi moi bonita e divertida.Cando rematou subimos en fila á clase.
  

Mércores, 30 de xaneiro de 2013




ENTROIDO 2013
  
O entroido é unha festa para disfrazarnos, comer freixós e orellas, e pasalo moi ben.
O meco mándanos o que temos que traer posto. Este curso os mandados eran de películas de policías e ladróns, de aventuras, de terror, comedias e musicais.
Cando chegou o último día da semana, os cabezudos recibíronnos na porta do colexio e nos pegaron despacio con periódicos. Na festa fixemos un desfile de difraces dos musicais, comimos e bailamos.
Ao final da festa queimamos o meco.
A festa foi moi divertida.





Conto "O TIGRE E O COELLO"

Este conto inventámolo os nenos e nenas na clase de "Actividades Alternativas". Fixemos os debuxos, gravamos o conto e logo a profe coas fotos que sacou, montou este vídeo. Esperamos que vos guste.


domingo, 17 de febreiro de 2013

PRESENTACIÓN CURSO 2012-2013

Ola, somos os nenos e nenas de 2ºB do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, e queremos compartir coas persoas que vexan este blog todo o que facemos no colexio.

Na fila de atrás e de esquerda a dereita estamos: Jorge, Alejandro S., Israel, Noa, Gabriel, Denis, Janet e Rubén; e diante: Julen, Elena, Rosalía, Aitana, Filipe, Alejandro Ll. e Daniel.