martes, 28 de xuño de 2016

Deberes para papá e mamá

Hoxe queremos deixar aquí un traballiño para papá e mamá. Premede na imaxe e poderedes ler as vosas tarefas para as vacacións ....


Bo verán!!!!


sábado, 25 de xuño de 2016

Despedimos o curso

Participamos no festival de fin de curso cantando o poema de Manuel María "A fala", xunto cos compañeiros e compañeiras de 3ºB.
Tamén presentamos ao resto do colexio a nosa historia "Percorrendo a nosa terra" que inventamos para traballar as emocións da nosa terra.


Durante o festival entregáronse os diplomas aos mellores lectores e lectoras do ano, e temos que felicitar á nosa compañeira Noa porque resultou ser unha dos gañadores, xunto con Alexanco de 2º.

 Felicidades Noa!!!!!

E agora, si que xa nos despedimos: ATA  O PRÓXIMO CURSO!
                                                         BOAS  VACACIÓNS!

         





xoves, 23 de xuño de 2016

Últimas actividades de curso

O luns 20, realizamos a ,xa tradicional, saída de convivencia. Como hai dous anos, fomos á area recreativa de O Castro en Cerdido.
Aquí vos deixamos o vídeo realizado pola profe María.


O martes 21, tivemos unha nova edición dos "multicines Campo de Chao" na que eleximos a película que quixemos ver, collimos a entrada na taquilla e no descanso saboreamos unha parva moi especial: hamburguesa de polo e zume de laranxa.





sábado, 18 de xuño de 2016

Saída San Sadurniño e Moeche

Para rematar o curso realizamos unha saída ao Arboreto de San Sadurniño e ao castelo de Moeche.
No Arboreto ensináronnos distintas árbores froiteiras  e árbores autóctonas galegas. Tamén poidemos ver unha vespa vetulina ou asiática que caera nunha trampa....era enorme!!!!
O castelo de Moeche gustounos moito. A guía, Ana, explicounos como os irmandiños se revelaron contra os señores que vivían nos castelos.
Para rematar a xornada, fomos camiñando ata a área recreativa de Moeche e alí comimos.



Mini-conferencias

Amós, coa axuda de Dolo, contounos, á súa maneira, o conto "O pitiño busca un amigo"


domingo, 1 de maio de 2016

Traballando matemáticas

Algunhas das actividades matemáticas que imos desenvolvendo:

-conteo de euros






-repartos e rexistro dos mesmos (divisións)




Ponlle as pilas ao teu bocata

 O pasado venres tivemos unha charla sobre os beneficios que nos producen os froitos do mar, así como as  propiedades dos mexillóns, sardiñas, atún, etc.
Explicáronnos tamén as diferentes maneiras de conservar estes alimentos, sobre todo, a elaboración de conservas enlatadas.
Ao final elaboráronnos  uns bocadillos moi saudables; poidemos elexir entre atún, mexillóns, xoubiñas e luras na súa tinta .



domingo, 17 de abril de 2016

Estudando as plantas

O venres pasado comezamos o estudo das plantas folleando libros de ciencias naturais dende 1º a 6º curso.
En parellas fomos seleccionando información que completara o esquema do que partimos
...e fomos descubrindo....


Agora teremos que seguir investigando e buscando información para saber que é iso da fotosíntese, as esporas, coñecer diferentes tipos de plantas, etc.

venres, 11 de marzo de 2016

"Iriño bailarín"

Participamos na actividade "Contos ao revés " para conmemorar o Día Internacional da Muller  (8 de marzo). Fixemos a nosa versión do conto de Iriña bailarina cambiándolle o sexo á protagonista e convertíndoa en "Iriño bailarín".





venres, 26 de febreiro de 2016

Entroido de conto

Este curso tivemos que elexir un conto para argallar o noso disfraz. Os cursos de 3ºA e B eliximos "A bruxa Discordia" e, a partir de aí, seguindo os mandados do meco, fómolo confeccionando. 


mércores, 10 de febreiro de 2016

Visita ás Fragas do Eume

Cos compañeiros e compañeiras de 1º, 2º e 3ºB, fixemos unha saída outonal ás Fragas do Eume. Alí, acompañados por un guía, vimos un documental sobre os animais que viven na fraga e paseamos a carón do río Eume observando as diferentes árbores e felgos que hai.
Cruzamos o río por unha ponte colgante para ver un souto no que había unha curripa que se usaba antigamente para almacenar as castaña que atopaban os paisanos na fraga.
Pasamos unha mañá fabulosa!



Comezamos...

Non podiamos comezar doutro xeito mais que asistindo á presentación do noso proxecto de centro para este curso, que ten como título "Un conto de cine".
Vimos unhas adaptacións dos contos clásicos de "Carapuchiña Vermella", "Os tres porquiños" e "O parruliño feo" seguindo os valores que traballamos a diario no noso cole:
-uns poquiños traballando en equipo na construción da casa perfecta,
-uns parruliños que aceptan, sen problema ningún, ao parruliño diferente,
-unha Carapuchiña e a súa avoa dialogando co lobo e facéndolle ver o ben que se resolven os problemas dialogando.


Un curso máis comezamos o traballo en grupos interactivos, pero este ano van ser todos os xoves.

CURSO 2015-2016

Aínda que con bastante retraso, comezamos a publicación das novas deste curso 2015-2016.
Novo curso e novo alumnado:



Dámoslle a benvida a: Andrés, Aimar, Aarón, Adriana, Alicia, Néstor, Noa, Candela, Denisse, Nicole, Iago, Guillermo, Yago, Sheila, Abraham, Amós, Constantin, Serea, Lois, Santiago e Melany.