mércores, 30 de abril de 2014

Proxecto alimentación

Dende as áreas de coñecemento, lingua galega, castelá, inglesa, e plástica, desenvolvimos un proxecto de alimentación saúdable.
Elaboramos os nosos propios menús que podedes ver na seguinte presentación

xoves, 24 de abril de 2014

COMIDA TÍPICA CUBANA


Dentro do mes da multiculturalidade, esta semana tocounos elaborar comidas do mundo. O noso curso aprendeu a facer unha receta típica cubana:


Tostóns de plátano fritido

INGREDIENTES
-Plátanos macho
-Sal
-Aceite
ELABORACIÓN
-Pelar os plátanos debaixo da auga para que non se nos poñan as mans negras.
-Cortar os plátanos en rodas un pouco grosas.
-Botarlles sal.
-Fritilas en aceite pouco quente.
-Poñelas nun prato e esmagalas cunha culler.
-Volvelas a fritir en aceite moi quente para que se doren ben.

xoves, 10 de abril de 2014

Plantación de leitugas

O martes 8 de abril plantamos leitugas no horto.
Quitamos as malas herbas e pedras, puxémolas  nuns montóns.
A profe rastrillou a terra.
Plantamos as leitugas todos xuntos e as regamos.
Usamos ferramentas para plantar.

(Texto escrito por Saray ,Jennifer, Iván e Iker)



mércores, 2 de abril de 2014

"BOCATEANDO en verde"

Dentro da semana máis que verde, hoxe tivemos unha parva moi especial!!!
Elaboramos e comimos un bocadillo con ingredientes do mais saudables: leituga, remolacha, tomate, atún, ovo cocido, millo, cebola, etc.
Ummm!!!!!


Entroido 2014

Cos mandados do meco fomos compoñendo o noso disfraz cinematográfico deste ano: ALADIN!!!!!