luns, 29 de decembro de 2014

Despedida de Carla

A profe Carla rematou as súas prácticas no noso colexio e despedímonos dela con tarxetas, poesías, cancións e algunha que outra bágoa.



Grazas Carla por acompañarnos e axudarnos todo este tempo que compartiches con nós!
Serás unha boa mestra!!!!

luns, 3 de novembro de 2014

Celebrando a chegada do outono

Como todos os anos celebramos a chegada do outono co tradicional magosto.
Ademais de tomar as saborosas castañas asadas con leite, tivemos unha fermosa xornada de xogos.
Canto nos divertimos!!!!


Participamos en "OUTON-ARTE" coas creacións que fixemos na casa coas nosas familias, e tamén en clase debuxamos as nosas propias obras de arte.

domingo, 2 de novembro de 2014

"Tea de araña"

Este curso imos aprender a traballar ben en equipo, colaborando entre todos para realizar un bo traballo. Para isto temos que coñecernos ben e saber o que se lle da mellor a cada un e cada unha.
Estamos facendo algúns xogos para saber relacionarnos mellor entre nos, e a tea de araña é un deles.
Así fixemos:


domingo, 12 de outubro de 2014

Roteiro das Normas

A profe Tere levounos de roteiro por todo o colexio para recordarnos que debemos cumplir as normas en cada un dos espazos nos que nos atopemos: corredores, escaleiras, recuncho para o diálogo, biblioteca, comedor, baños, pavillón, etc.
Sempre que cumplimos as normas a convivencia resulta mais agradable.



luns, 6 de outubro de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR

Temos novos padriños e madriñas cos que imos compartir as lecturas de todos os martes durante o momento lector.
Este curso acompáñannos Rubén, Noa, Rosalía, Jorge e  Denis de 4ºB;  Roi, Rodrigo, Iván Andrea e Marcos de 4ºA e Yetur de 6º.
Aquí podedes coñecer a algúns deles.

venres, 3 de outubro de 2014

NORMAS Curso 2014-2015

Este curso temos unhas normas moi artísticas, todas elas están ilustradas con algunha obra de arte (pinturas, esculturas, fotografías, etc.).



domingo, 14 de setembro de 2014

CURSO 2014-2015

Comezamos un novo curso e fixémolo coñecendo aos nosos novos compañeiros e compañeiras de clase.
Para este curso temos proxecto novo: "VALOR-ARTE" e moitas das actividades que faremos no colexio estarán relacionadas coas diferentes manifestacións artísticas.
O primeiro día de clase asistimos á presentación do proxecto.



venres, 27 de xuño de 2014

FIN DE CURSO

Chegou o final de curso e, con el, o momento das despedidas.
Primeiro fixémolo dos nosos padriños e madriñas que nos acompañaron nas lecturas dos mércores...



e máis tarde, tamén poidémolo facer de todos os compañeiros, compañeiras e profesores na saída de convivencia que tivemos na área recreativa O Castro, en Cerdido.




luns, 2 de xuño de 2014

XOANIÑAS AZUIS


Temos un novo logotipo para o noso blog. É un debuxo que nos fixo o profesor de educación física, Antolín. Como nos gustou moito queremos agradecerlle o seu traballo:
-"Antolín, grazas polo debuxo, é moi bonito." (Brian, Hugo)
-"Tres hurras por Antolín: hip, hip hurra!" (Mario)
-"Grazas Antolín por facernos un debuxo para o blog." (Lucía)
-"Encántanos o debuxo Antolín." (Alejandra)
-"Grazas polo regalo Antolín, eres o mellor" (Iker)
-"Grazas Antolín, agradézocho moito" (Saray)
-"Grazas Antolín" (Esmeralda, Álvaro)
-"Grazas Antolín, é un debuxo moi bonito." (Kevin, Alberto)
-"Grazas polo debuxo." (Jennifer, Nerea)

mércores, 30 de abril de 2014

Proxecto alimentación

Dende as áreas de coñecemento, lingua galega, castelá, inglesa, e plástica, desenvolvimos un proxecto de alimentación saúdable.
Elaboramos os nosos propios menús que podedes ver na seguinte presentación

xoves, 24 de abril de 2014

COMIDA TÍPICA CUBANA


Dentro do mes da multiculturalidade, esta semana tocounos elaborar comidas do mundo. O noso curso aprendeu a facer unha receta típica cubana:


Tostóns de plátano fritido

INGREDIENTES
-Plátanos macho
-Sal
-Aceite
ELABORACIÓN
-Pelar os plátanos debaixo da auga para que non se nos poñan as mans negras.
-Cortar os plátanos en rodas un pouco grosas.
-Botarlles sal.
-Fritilas en aceite pouco quente.
-Poñelas nun prato e esmagalas cunha culler.
-Volvelas a fritir en aceite moi quente para que se doren ben.

xoves, 10 de abril de 2014

Plantación de leitugas

O martes 8 de abril plantamos leitugas no horto.
Quitamos as malas herbas e pedras, puxémolas  nuns montóns.
A profe rastrillou a terra.
Plantamos as leitugas todos xuntos e as regamos.
Usamos ferramentas para plantar.

(Texto escrito por Saray ,Jennifer, Iván e Iker)



mércores, 2 de abril de 2014

"BOCATEANDO en verde"

Dentro da semana máis que verde, hoxe tivemos unha parva moi especial!!!
Elaboramos e comimos un bocadillo con ingredientes do mais saudables: leituga, remolacha, tomate, atún, ovo cocido, millo, cebola, etc.
Ummm!!!!!


Entroido 2014

Cos mandados do meco fomos compoñendo o noso disfraz cinematográfico deste ano: ALADIN!!!!!


domingo, 30 de marzo de 2014

Na televisión

 En V Televisión falaron do noso colexio.
Premendo na imaxe podedes ver a reportaxe onde nós tamén aparecemos traballando na clase.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Alimentación Saudable

Despois da sesión de elaboración de bocadillos con productos do mar que tivemos no primeiro trimestre



continuamos hoxe coa preparación dun almorzo saudable

POESÍA E IMAXE


Saída a A Capela

Visitamos o museo etnográfico de A Capela onde puidemos ver como eran as casas das aldeas galegas hai uns anos, e os utensilios e ferramentas que usaban para traballar os sastres, os cazadores, os zoqueiros, etc.
Despois divertímonos no colexio Virxe da Cela, onde nenos e nenas do segundo ciclo, xuntos cos seus profes, ensináronnos diferentes xogos populares.
Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica da nosa visita.