venres, 26 de febreiro de 2016

Entroido de conto

Este curso tivemos que elexir un conto para argallar o noso disfraz. Os cursos de 3ºA e B eliximos "A bruxa Discordia" e, a partir de aí, seguindo os mandados do meco, fómolo confeccionando. 


mércores, 10 de febreiro de 2016

Visita ás Fragas do Eume

Cos compañeiros e compañeiras de 1º, 2º e 3ºB, fixemos unha saída outonal ás Fragas do Eume. Alí, acompañados por un guía, vimos un documental sobre os animais que viven na fraga e paseamos a carón do río Eume observando as diferentes árbores e felgos que hai.
Cruzamos o río por unha ponte colgante para ver un souto no que había unha curripa que se usaba antigamente para almacenar as castaña que atopaban os paisanos na fraga.
Pasamos unha mañá fabulosa!



Comezamos...

Non podiamos comezar doutro xeito mais que asistindo á presentación do noso proxecto de centro para este curso, que ten como título "Un conto de cine".
Vimos unhas adaptacións dos contos clásicos de "Carapuchiña Vermella", "Os tres porquiños" e "O parruliño feo" seguindo os valores que traballamos a diario no noso cole:
-uns poquiños traballando en equipo na construción da casa perfecta,
-uns parruliños que aceptan, sen problema ningún, ao parruliño diferente,
-unha Carapuchiña e a súa avoa dialogando co lobo e facéndolle ver o ben que se resolven os problemas dialogando.


Un curso máis comezamos o traballo en grupos interactivos, pero este ano van ser todos os xoves.

CURSO 2015-2016

Aínda que con bastante retraso, comezamos a publicación das novas deste curso 2015-2016.
Novo curso e novo alumnado:



Dámoslle a benvida a: Andrés, Aimar, Aarón, Adriana, Alicia, Néstor, Noa, Candela, Denisse, Nicole, Iago, Guillermo, Yago, Sheila, Abraham, Amós, Constantin, Serea, Lois, Santiago e Melany.