mércores, 6 de marzo de 2013

AS NOSAS CRÓNICAS

Dende que empezou o curso fumos escribindo unha crónica de cada festa que fixemos no colexio.
Aquí deixámosvos as que xa temos feitas.

MAGOSTO  DE SAN  XOÁN

O magosto é unha festa moi popular. No noso colexio celebrámola o venres 9 de novembro.
No magosto comimos castañas asadas e bebimos leite. Había un forno para asar as castañas e tamén había cesteiros.
As nais fixeron caras ás cabazas. 
Os profesores estaban vestidos como a xente que vivía nos pobos.
Nós fixemos xogos: carreiras e lanzamentos de sacos, e hockey con ourizos.
Foi moi divertido!


DÍA DA PAZ

Encántanos o día da paz, sobre todo cando bailamos e cantamos.
Estiramos unhas pancartas con xente que axudou a que haxa paz no mundo.
A paz é importante.
Antolín e María construiron un muro con caixas con palabras malas e tristes, como: dor, envexa, guerra, armas, odio... e uns nenos de 2ºA derrubárono para liberar a Mandela que o tiñamos pintado nun cadro e tapado cunha tea negra.
Axudámoslles aos profesores a recoller as caixas.
Os nenos e nenas de infantil leron cousas sobre Nelson Mandela porque é unha persoa que loitou pola paz coa súa arma: A PALABRA.
Cantamos a canción “Imaxina a paz” e o “Rap da metralleta” todos xuntos, e saiunos moi ben.
A festa da paz foi moi bonita e divertida.Cando rematou subimos en fila á clase.
  

Mércores, 30 de xaneiro de 2013




ENTROIDO 2013
  
O entroido é unha festa para disfrazarnos, comer freixós e orellas, e pasalo moi ben.
O meco mándanos o que temos que traer posto. Este curso os mandados eran de películas de policías e ladróns, de aventuras, de terror, comedias e musicais.
Cando chegou o último día da semana, os cabezudos recibíronnos na porta do colexio e nos pegaron despacio con periódicos. Na festa fixemos un desfile de difraces dos musicais, comimos e bailamos.
Ao final da festa queimamos o meco.
A festa foi moi divertida.





Ningún comentario:

Publicar un comentario