mércores, 19 de febreiro de 2014

Saída a A Capela

Visitamos o museo etnográfico de A Capela onde puidemos ver como eran as casas das aldeas galegas hai uns anos, e os utensilios e ferramentas que usaban para traballar os sastres, os cazadores, os zoqueiros, etc.
Despois divertímonos no colexio Virxe da Cela, onde nenos e nenas do segundo ciclo, xuntos cos seus profes, ensináronnos diferentes xogos populares.
Aquí vos deixamos unha mostra fotográfica da nosa visita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario