xoves, 24 de abril de 2014

COMIDA TÍPICA CUBANA


Dentro do mes da multiculturalidade, esta semana tocounos elaborar comidas do mundo. O noso curso aprendeu a facer unha receta típica cubana:


Tostóns de plátano fritido

INGREDIENTES
-Plátanos macho
-Sal
-Aceite
ELABORACIÓN
-Pelar os plátanos debaixo da auga para que non se nos poñan as mans negras.
-Cortar os plátanos en rodas un pouco grosas.
-Botarlles sal.
-Fritilas en aceite pouco quente.
-Poñelas nun prato e esmagalas cunha culler.
-Volvelas a fritir en aceite moi quente para que se doren ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario